CURTOCIRCUÍTO

CurtoCircuíto na Rúa trae as mellores curtas internacionais de animación

06/09/2006 O xoves 7 de setembro, na Praza de Cervantes, proxectarase unha selección das mellores curtas de animación a nivel internacional, as máis premiadas en festivais de todo o mundo. Esta é a oitava proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, que, como cada xoves, xuntará ao público habitual nunha praza da cidade vella.

A música da noite do xoves 7 poñeraa Willen, dj residente en Compostela, cunha selección de música chill out que pinchará nunha sesión pre-curtas. Despois da sesión de Willen, proxectaranse as mellores curtametraxes de animación a nivel internacional, moitas delas recoñecidas en varios festivais polo mundo adiante e premiadas, proxectadas e aplaudidas polo público de varios países.

Ata agora, xa son máis de 3.000 persoas as que teñen gozado do cinema en curto e maila música en directo que ofrece este Festival. Esta sección do Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, CurtoCircuíto’06, remata o xoves 28 de setembro.

Compartir: