ALCALDÍA

Compostela renovou o voto a San Nicolás

06/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e parte da Corporación, asistiron aos actos celebrados na igrexa de San Paio de Antealtares con motivo do voto da cidade a San Nicolás de Bari.

Esta tradición do voto a San Nicolás remóntase ao ano 1569, cando o rexedor compostelán de entón, Sebastián Balboa, e a súa dona, Catalina Sánchez, impulsaran a Obra Pía de San Nicolás, en agradecemento polo auxilio prestado polo Santo á cidade en momentos complicados.

Compartir: