POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Novos cursos de lingua galega

06/09/2006 Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de lingua galega que convoca a Concellaría de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os cursos están destinados ao público en xeral, na súas modalidades de iniciación e perfeccionamento.

As sesións de iniciación desenvolveranse de 8:30 a 10:30 horas, de luns a venres, no Centro Sociocultural de Conxo; e de 19:00 a 21:00 horas, durante os mesmos días, no IES Xelmírez I (Campus Sur). En canto aos cursos de perfeccionamento os horarios son os mesmos e en idénticos lugares.

A inscrición pode formalizarse nos rexistros xerais do Concello de Santiago ou da Xunta de Galicia ata o 16 de setembro presentando cuberto o formulario de solicitude, xunto cunha copia do título de iniciación se o que se vai solicitar é perfeccionamento.

A partir do día 20 de setembro deberán consultarse as listas de admisión no Departamento de Lingua Galega do Concello (981 542 409 dlg@compostelacultura.org) ou no taboleiro do Gabinete de Normalización da Delegación Provincial na Coruña (981 184 720).

Os cursos comezarán o 2 de outubro e terán unha duración de 75 horas, 60 delas lectivas.

Documentos relacionados



Compartir: