DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Inícianse as obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Franco

07/12/2014 A partir do vindeiro martes, 9 de decembro, e durante dúas semanas, a rúa do Franco pecharase ao tráfico no tramo comprendido entre a rúa de Fonseca e a esquina da Biblioteca Xeral da Universidade, por mor dos traballos de modificación da rede de saneamento á altura do nº 9 que vai levar a cabo a empresa Viaqua. Por este motivo, os vehículos non poderán saír cara á praza de Rodrigo de Padrón e terán que facelo pola praza do Obradoiro. Os peóns non se verán afectados pola obra, xa que haberá paso habilitado para eles.

As obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Franco realizaranse no tramo situado entre a praza e a travesa de Fonseca, onde se viñan producindo inundacións nas xornadas de precipitacións extremas. Investiranse arredor de 8.025 euros nunha obra que conta cun prazo de execución de tres semanas. O seu obxectivo é facilitar un desaugue mellor e máis rápido, que permita reducir a acumulación de auga na zona.

O obxecto da intervención é executar unha serie de actuacións que eviten na medida do posible a repetición das inundacións acaecidas no inverno pasado. Proxéctase a mellora da rede de saneamento soterrada actual mediante a instalación dunha nova canalización de PVC liso de 50 cm de diámetro, cunha lonxitude de 8 metros, e a construción de 3 novos pozos de rexistro de paso que permitirán a realización dos xiros precisos da canalización.

Compartir: