SERVIZOS SOCIAIS

Entregadas ao Banco de Alimentos as doazóns dos participantes no programa "A cociña do meu veciño"

05/12/2014 Celebrouse no taller de cociña Hello Cooking o último obradoiro práctico de cociña internacional do programa A cociña do meu veciño, organizado pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellaría de Servizos Sociais. A súa titular, María Corral, asistiu a este último taller e participou na entrega previa dos alimentos doados polos participantes no programa á Federación Galega do Banco de Alimentos.

Co obradoiro de cociña peruana pechouse este programa, que tivo unha resposta moi satisfactoria entre os veciños e veciñas de Santiago, xa que houbo 308 solicitudes. Neste último taller, os participantes tiveron a ocasión de preparar e degustar, seguindo as indicacións de María Sucasaca –veciña de Santiago e natural de Arequipa, en Perú- un menú consistente en ceviche de xurelo e cabala, lombo saltado e masamorra morada.

A asistencia a estes obradoiros foi gratuíta, e solicitóuselle as persoas participantes unha doazón voluntaria de produtos para o Banco de Alimentos. Como resultado, conseguise unha importante cantidade de alimentos dende o inicio do programa, o 30 de setembro, que se completou coas achegas dos asistentes ao último obradoiro. Xusto antes do inicio do mesmo, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, entregoulle todos os alimentos ao presidente da Federación Galega do Banco de Alimentos, .

Compartir: