ALCALDÍA

O alumeado nas rúas e prazas embelece xa o Nadal de Santiago de Compostela

05/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao encendido do alumeado de Nadal. Comezou o seu percorrido pola praza Roxa, para seguir na praza do Toural e rematar na praza do Obradoiro.

O alumeado de Nadal supón un investimento para o Concello de 60.000 euros. A través deste contrato ilumináronse as principais rúas e prazas da cidade e dos barrios e parroquias de Santiago, co obxetivo de que o maior número de puntos da cidade teña unha ambientación navideña.

As luces chegan tamén este ano a todas as parroquias, repetindo a instalación de 23 elementos luminosos alegóricos do Nadal no entorno das igrexas ou dos centros socioculturais, ou no lugar que as asociación veciñais consideren máis axeitado.

A iluminación de Nadal está composta por 200 arcos de luces polas rúas; cinco farois nas prazas de Galicia, Ponte Castro e Vigo; dúas estrelas xigantes na praza Roxa e na Alameda; sete trineos de Papá Noel na Alameda; seis letreiros de Boas Festas nas entradas da cidade en Vidán, O Romaño, Santa Marta, Castiñeiriño, Meixonfrío e San Lázaro; unha árbore na glorieta de Galuresa; e a iluminación do Pazo de Raxoi, a Fundación Granell, as sedes do Consorcio (rúa do Vilar) e da Oficina de Rehabilitación (praza de Cervantes) e Teatro Principal.

A partir do 12 de decembro, a iluminación de Nadal completarase con conxuntos de árbores naturais de Nadal en: praza de San Pedro, San Lázaro, Meixonfrío, Sar, Vite, Conxo, Fontiñas, Santa Marta, Pontepedriña, praza de Cervantes e Santa Marta.

Tamén está prevista a colocación de varias figuras de arquitectura efémera: Tren da Ledicia, na praza Roxa; Columpio da Ilusión, en San Martiño Pinario; Saco dos Desexos, na praza de Fonterrabía; Globo dos Sonos, na praza da Pescadería Vella; e Bota Máxica, na praza 8 de marzo (Porta do Camiño). A ambientación complétase coa recreación dun poboado de Nadal na praza do Obradoiro.

Compartir: