ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu a ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo

04/12/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse no Pazo de Raxoi coa ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo. A dirixente asinou no Libro de Honra do Concello.

No ano no que se celebra o 800 aniversario da viaxe de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, alcalde e ministra puideron conversar sobre a figura do relixioso e sobre peregrinación, xa que Paraguai conta cunha ruta franciscana que está a potenciar nos últimos anos como recurso turístico.

Compartir: