CULTURA
As persoas que a adquiriran no despacho de billetes do Teatro Principal, teñen que achegarse á billeteira coa entrada para devolvela e que procedan a reembolsarlle aos cartos. O despacho de billetes do Principal permanece aberto de martes a sábado e días de evento de 18:00 a 21:00 horas.
Dende o departamento de Cultura do Concello de Santiago lamentan as molestias causadas por esta circunstancia e pídense desculpas polos problemas que puidera ocasionar. Así mesmo, deséxaselle o mellor á actriz Macarena Gómez.
Cancelación da xira de "Las dos bandoleras"
02/12/2014 FEI, Factoría Escénica Internacional vén de comunicar a suspensión a partir da xira da súa obra teatral Las dos bandoleras, o cal implica a suspensión da representación prevista en Compostela o 18 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro & Danza. A compañía comunicou que toma esta decisión a causa do estado de xestación da protagonista da obra, Macarena Gómez, que por prescrición facultativa, debe gardar un repouso incompatible coa súa participación no espectáculo.
Todos aqueles que teñan xa a súa entrada recibirán o reembolso dos cartos a través da mesma canle pola que a adquiriron e teñen de prazo para isto ata o 30 de decembro. As persoas que a mercaron por teléfono ou internet de Abanca deberán poñerse en contacto coa entidade bancaria para que lles indique como teñen que proceder.As persoas que a adquiriran no despacho de billetes do Teatro Principal, teñen que achegarse á billeteira coa entrada para devolvela e que procedan a reembolsarlle aos cartos. O despacho de billetes do Principal permanece aberto de martes a sábado e días de evento de 18:00 a 21:00 horas.
Dende o departamento de Cultura do Concello de Santiago lamentan as molestias causadas por esta circunstancia e pídense desculpas polos problemas que puidera ocasionar. Así mesmo, deséxaselle o mellor á actriz Macarena Gómez.