SEGURIDADE E MOBILIDADE

Intensa fin de semana de colaboración en eventos deportivos dos voluntarios de Protección Civil de Santiago

17/11/2014 Fin de semana cheo de actividades para os voluntarios de Protección Civil de Santiago, que prestaron a súa colaboración en varios eventos deportivos durante o sábado e o domingo.

O sábado pola mañá, os voluntarios participaron nas III Xornadas de Protección Civil, celebradas en Ourense. Logo, pola tarde, acudiron ao Multiúsos Fontes do Sar con motivo do partido do Obradoiro. E xa á noite, colaboraron na entrada de turismos ao pavillón de Santa Isabel, onde se celebraba unha velada de boxeo.

O domingo ben cedo, os voluntarios de Santiago repartiron os seus efectivos. Uns prestaron a súa axuda aos compañeiros da Agrupación de Valga, onde se realizou unha proba de bicicleta de montaña. Os outros contribuíron á boa marcha do XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross, na Granxa do Xesto. E pola tarde estiveron no partido da S.D. Compostela en San Lázaro.

Compartir: