CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cita con Imos ao baile no CSC de Vite

13/11/2014 Nova cita con Imos ao baile, programa para maiores promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Será este sábado 15 de novembro, a partir das 17:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Amenizará a sesión o grupo Zeltia. A participación é de balde, unicamente suxeita á capacidade do salón do CSC.

Direccións relacionadas



Compartir: