CULTURA

Última oportunidade de ver "Marie Heurtin", "Miss Julie" e "La French" e estrea de "Funes, o inventor da lúa" en Cineuropa

12/11/2014 Na xornada do xoves 13 en Cineuropa poderemos asistir á estrea de Funes, o inventor da lúa, un filme de Quique Otero, ás 19:00 horas, no Salón Teatro. Ademais, última oportunidade para ver os filmes da Sección Oficial Marie Heurtin (ás 18:15 h no Principal); Miss Julie (22:00 h no Principal) e La French (22:00 h no Salón Teatro). Seguindo na Sección Oficial, poderemos ver por primeira vez Phoenix, de Christian Petzold, ás 20:00 h no Teatro Principal.

Nesta xornada de xoves, na que se poderá ver un total de 17 filmes, teremos tamén no Salón Teatro ou Teatro Principal o primeiro pase de Una noche sin luna, de Germán Tejeira; Still the water, de Naomi Kawase, e Cleopatra Jones, que estará acompañado da proxección de Baadasssss Cinema, así como o pase único de Touchez pas aus grisbi, de Jacques Becker.

A xornada complétase coas proxeccións no Centro Galego de Arte Contemporánea e no Centro Cultural Afundación. Aquí destaca a proxección de Work in progress: Curtametraxes de Marcos Nine dentro do Panorama Audiovisual Galego, no CGAC ás 21:15 h. Complétase a programación do CGAC con dous filmes da sección Ao outro lado no muro: o cine na RDA. No centro Cultural Afundación poderemos ver catro filmes da sección Cando tiburón devorou o cinema: ascenso e caída do Novo Hollywood.

Direccións relacionadas



Compartir: