ALCALDÍA

Un Plan Director básico definirá as características e fases de execución da nova estación intermodal

07/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, mantiveron unha reunión en Raxoi na que acordaron realizar un estudio funcional da estación para definir un proxecto viable.

Durante o vindeiro ano, o Ministerio de Fomento, con cargo a partida de 200.000 euros consignada para a estación intermodal de Santiago nos orzamentos do Estado, comezará a definir de forma definitiva este documento de planificación básico que permita executar as melloras por fases.

Segundo indicou o alcalde, con este documento a cidade disporá dunha solución acorde coas súas necesidades e no que quedarán claras tanto as características que deberá reunir a futura estación intermodal de Santiago como as fases e a súa execución, fronte a maquetas e instalacións insostibles.

Ana Pastor e Agustín Hernández anunciaron tamén que se vai acometer a mellora das instalacións actuais como unha primeira fase dese plan director, no que se abordará o problema da capacidade, así como de accesibilidade e adecuación á chegada do AVE e sempre coa funcionalidade intermodal garantida.

Compartir: