ALCALDÍA
Encontro do alcalde co ministro de Recursos Humanos de Hungría, Zoltán Balog
25/10/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o ministro de Recursos Humanos de Hungría, Zoltán Balog.
O político húngaro está en Santiago con motivo da feira Womex, xa que Budapest será a cidade que organice a edición de 2015. A cesión do testemuño de Santiago á capital maxiar formalizouse nun acto celebrado onte venres na Cidade da Cultura.