ECONOMÍA
O programa inclúe 64 horas formativas impartidas por empresarios, que comezaron este venres na sede de AJE Santiago, en Área Central. As sesións prolongaranse durante finais de outubro e a primeira quincena de novembro.
Primeira sesión de #Lanzateaemprender
23/10/2014 A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu en Área Central á inauguración do programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos.
#Lanzateaemprender concíbese como unha acción de emprendedores para emprendedores, una experiencia de intercambio entre emprendedores que xa converteron en realidade os seus proxectos empresariais e persoas que teñen unha idea de negocio, pero precisan apoio para poder desenvolvela adiante.O programa inclúe 64 horas formativas impartidas por empresarios, que comezaron este venres na sede de AJE Santiago, en Área Central. As sesións prolongaranse durante finais de outubro e a primeira quincena de novembro.