CENTROS SOCIOCULTURAIS

Compostela Cine Classics proxecta "A invasión dos ladróns de corpos"

23/10/2014 Nova cita co programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014. Este venres 24 de outubro, o xénero escollido será a ciencia ficción, coa proxección de A invasión dos ladróns de corpos, filme dirixido en 1956 por Don Siegel.

Presentará o filme e conducirá o coloquio posterior sobre o filme José Luis Losa, director de Cineuropa. A proxección arrancará ás 20:30 horas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Direccións relacionadas



Compartir: