CONSORCIO

Nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo

15/10/2014 O Consorcio de Santiago vai celebrar este xoves, ás 20:00 horas, unha nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para dar as coñecer as monteas do século XVIII descubertas no pavimento do templo, debido ao éxito da primeira experiencia, que tivo lugar a semana pasada. Estes debuxos a tamaño natural realizounos a cuadrilla que no seu día traballou na construción do edificio e servían como guía aos canteiros á hora de tallar cada pedra.

Nesta sesión, o profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago Miguel Taín Guzmán, especializado en Historia da Arquitectura, en particular do barroco, dará a coñecer os avances das investigacións. Informará aos asistentes do valor deste conxunto único en Europa e, xunto con técnicos do Consorcio, acompañará ao público nun percorrido para ver de preto cada unha destas monteas.

Compartir: