COMERCIO

Noite de descontos e agasallos no Centro Comercial As Cancelas

14/10/2014 A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu á rolda de prensa de presentación da II Fashion Night, que se celebrará este venres 17 de outubro, de 20:00 a 24:00 horas, no Centro Comercial As Cancelas. Haberá un servizo de autobús gratuíto dende a praza de Galicia entre as seis da tarde e a unha da madrugada.

Será unha noite con promocións e descontos de ata o 70% e na que se repartirán 6.000 euros en agasallos. Para poder aproveitar a Fashion Night, con acceso aos stands e aos regalos, será necesario dispor dunha pulseira identificativa que se poderá recoller no punto de atención ao cliente presentando a Tarxeta Premium do Centro Comercial As Cancelas. Esta pode solicitarse en calquera momento no devandito punto de atención.

Os que acudan ao centro comercial atoparán tamén actuacións de bodypainting, baile e maxia, e stands gastronómicos e de beleza de balde.

Direccións relacionadas



Compartir: