CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova edición das Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo

14/10/2014 O Centro Sociocultural de Conxo, en colaboración coa Asociación Micolóxica Pan de Raposo ten preparada para esta fin de semana unha interesante actividade estacional orientada á información e divulgación das propiedades dos cogomelos, da súa recollida e do tratamento da súa posible toxicidade. A participación nestas Xornadas é de balde.

O venres 17, a partir das 20:30 horas, haberá unha conferencia conducida polo micólogo José Mª Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo co título Cogomelos tóxicos e tipos de intoxicación.

O sábado 18, ás 9:30 horas, realizarase un roteiro micolóxico ao monte Pedroso, con saída dende o Centro Sociocultural de Conxo. Os participantes poderán recoller exemplares de cogomelos para o seu estudo e exposición, a partir das 17:00 horas, no propio centro sociocultural. Alí tamén haberá un pase de diapositivas explicativo conducido tamén por José Mª Costa Lago.

Documentos relacionados



Compartir: