CONSORCIO
Moitos visitantes amosaron a súa sorpresa pola orixinalidade da exposición e por algunhas pezas exhibidas. Entre elas destaca o colar da abadesa, de grandes proporcións e feito enteiramente en acibeche. Data do século XVII e pertencía á madre abadesa de San Paio. Outras obras que tamén son obxecto de curiosidade son o Cristo de Manuel de Prado, de madeira policromada (ano 1800); as pezas anónimas de Santa Escolástica (1º terzo s. XVIII) e Santa Xertrude (1ª metade s. XVII); e as tallas dos Cristos Nenos meditando sobre a morte e o pecado (anónimos de mediados do XVII), pertencentes á Parroquia de San Miguel dos Agros. En suma, unha mostra que conxuga a visión de distintas manifestacións artísticas, dende a propia imaxinería ata os medios audiovisuais utilizados, por exemplo, para recrear a vida conventual ou escoitar á propia abadesa do convento de San Paio.
A mostra está deseñada ao redor dunha montaxe que presenta os espazos fundamentais que estruturan a organización da vida nos conventos de clausura: o torno, a igrexa, o coro, o refectorio, a cela, o xardín e máis a horta na que traballan e descansan as relixiosas. Fundamentalmente están representados os conventos de San Paio, Santa Clara e Belvís, tres comunidades de clausura que amosaron desde un primeiro momento todo o seu apoio para que esta mostra non só sexa unha realidade, senón para que se converta nun fito histórico dentro do conxunto das exposicións celebradas ata agora en Compostela.
Máis de 50.000 persoas visitaron "Intramuros"
25/08/2006 Dende a súa inauguración o 14 de xullo, máis de 50.000 persoas achegáronse ata Intramuros, unha mostra que recrea a vida relixiosa e a arte nos conventos de clausura de Santiago de Compostela. O Consorcio e o Concello de Santiago abriron no emblemático edificio do Banco de España esta mostra singular e única para conmemorar o XV aniversario da fundación do Real Padroado de Santiago.
Trátase dunha exposición de grande orixinalidade, xa que ofrece unha visión da clausura dende unha perspectiva global; unha mostra que atende non só a aqueles aspectos relacionados coa espiritualidade, vida de oración e traballo das comunidades conventuais, senón tamén coa arte e coa cultura que albergan dentro dos seus muros.Moitos visitantes amosaron a súa sorpresa pola orixinalidade da exposición e por algunhas pezas exhibidas. Entre elas destaca o colar da abadesa, de grandes proporcións e feito enteiramente en acibeche. Data do século XVII e pertencía á madre abadesa de San Paio. Outras obras que tamén son obxecto de curiosidade son o Cristo de Manuel de Prado, de madeira policromada (ano 1800); as pezas anónimas de Santa Escolástica (1º terzo s. XVIII) e Santa Xertrude (1ª metade s. XVII); e as tallas dos Cristos Nenos meditando sobre a morte e o pecado (anónimos de mediados do XVII), pertencentes á Parroquia de San Miguel dos Agros. En suma, unha mostra que conxuga a visión de distintas manifestacións artísticas, dende a propia imaxinería ata os medios audiovisuais utilizados, por exemplo, para recrear a vida conventual ou escoitar á propia abadesa do convento de San Paio.