DÍA DA SAÚDE MENTAL

Celebración do Día Mundial da Saúde Mental

10/10/2014 A concelleira María Jesús Sáinz asistiu ao acto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental organizado pola Asociación Fonte da Virxe, de familiares e amigos de enfermos mentais. Nesta edición, a conmemoración ten como lema "Abrindo mentes, pechando estigmas.

O evento celebrouse nas novas instalacións da Asociación Fonte da Virxe, na rúa Campo do Forno. Os asistentes ao acto puideron participar en visitas guiadas polo centro.

Compartir: