CURTOCIRCUÍTO

Unhas 300 persoas asistiron á retrospectiva das mellores curtas galegas

25/08/2006 A Praza de Abastos combinou a música de Jordanairs coas mellores curtas galegas de todos os tempos nunha sesión á que asistiron unhas 300 persoas.

A sexta proxección de cinema en curto na rúa veu despois da actuación de Jordanairs, unha banda de dous que, como adoita facer, de seguida apareceu transformada nunha banda de catro, con trompeta, pratos e cantantes improvisados incluídos, que mesturaron hip-hop, rap, funky con salsa e jazz.

Despois da música, proxectáronse curtas de Jorge Coira, Chema Gagino, Marise Brostel, Paco Rañal, Álex Valle e Chano Piñeiro.

Compartir: