SENSIBILIZACIÓN

Xornada de sensibilización sobre a esclerose múltiple na praza do Obradoiro

10/10/2014 A concelleira Marta González asistiu na praza do Obradoiro á presentación da xornada ]Experience cube, organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) en colaboración con Novartis. Esta iniciativa pretende a sensibilización social sobre a esclerose múltiple, co obxectivo de mostrar a realidade da patoloxía, sentíndoa en primeira persoa.

De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, a praza do Obradoiro acolle un cubo xigante, que integra cinco probas con diversos graos de dificultade. Grazas ás mesmas pódense apreciar algún dos síntomas máis comúns padecidos polas persoas con esclerose multiple: a falta de sensibilidade, a pérdida de forza, a dificultade para coordinar ou problemas de visión, entre outros.

Ademais da concelleira Marta González, participaron no acto de presentación da xornada o xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa; a presidenta de FEGADEM, Rosa Villar; o neurólogo do CHUS José María Prieto; e o xerente rexional Market Access de Novartis, Juan Carlos Novoa.

Compartir: