CULTURA

Arranxos de cancións dos Beatles e blues nunha nova xornada de "Feitoamán"

27/08/2006 A penúltima xornada de "Feitoamán" presenta dúas propostas musicais que repiten: Leo Giannetto’s Jazz Project e Blues Vivo Afrocuncas. Tocarán, a partir das 22:30 horas, na Praza dos Gatos e na Praza de Feixoo, respectivamente.

O Leo Giannetto’s Jazz Project é o primeiro proxecto dunha serie de catro CD. Neste caso trátase de cancións de The Beatles arranxadas e reharmonizadas na liña do jazz pop. Doutra parte, Blues Vivo Afrocuncas despídese do festival cunha nova entrega o seu blues postmoderno con toques africanos.

Documentos relacionados



Compartir: