SERVIZOS SOCIAIS

Recepción a unha asociación holandesa de enfermos renais tras realizar a última etapa do Camiño de Santiago

08/10/2014 A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu á recepción que Alcer Coruña (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), ofreceu a unha asociación de enfermos renais holandesa que realizou a última etapa do Camiño de Santiago. O acto tivo lugar na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños.

Ademais da edil, na recepción participou o subdirector xeral de Voluntariado Xuvenil da Xunta, Alberto Otero, e membros das xuntas directivas de Alcer España e Alcar Galicia.

María Corral visitou tamén a aula de ximnasia, onde a Concellería imparte unha actividade pública gratuíta dentro do programa Bule con Alcer, de exercicio físico e psicosocial para persoas con enfermidades crónicas de ril e familiares.

Compartir: