CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas en Compostela Cine Classics

07/10/2014 O programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014 ten novas citas esta semana, cun faladoiro este xoves 9 e una nova proxección ao día seguinte.

O xoves 9, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, celebrarase un faladoiro conducido por Patricia Fra, profesora titular de USC e investigadora nas relacións entre ficción televisiva e cinematográfica. Leva por título Cine ou TV? Series de culto e o seu impacto na sociedade.

O venres 10, ás 20:30 horas, nova proxección con coloquio na Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta. Os asistentes poderán ver o filme Hannah e as súas irmás, dirixido por Woody Allen en 1986. Logo haberá un coloquio con Chelo Loureiro, produtora e delegada en Galicia da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).

Ambas actividades son de balde, suxeitas unicamente á capacidade da sala.

Compartir: