ALCALDÍA
A seguinte visita foi á clase do Coro Infantil, dirixido pola profesora Olaia Novo, para pasar logo por unha das aulas de instrumento, neste caso coa do profesor de gaita e clarinete Pablo Pascual. O percorrido do alcalde rematou coa visita a unha das aulas de 1º de Linguaxe Musical, clase impartida polo profesor Óscar Fernández.
A Escola Municipal de Música, creada en 2003, busca impartir un ensino de calidade coa perspectiva de orientar o alumnado cara os estudos profesionais. Ten como obxectivo prioritario o fomento da educación musical e a práctica da música dende a primeira infancia.
Os alumnos están distribuídos en 18 especialidades instrumentais, ademais da modalidade de música e movemento para os máis pequenos. Tamén se imparte un seminario de música tradicional e clases de iniciación á danza.
A Escola conta con oito agrupacións musicais: orquestra de corda, banda, orquestriña (8 a 12 anos), bandiña (8 a 12 anos), coro infantil, coro de adultos, agrupación tradicional e agrupación moderna.
A Escola Municipal de Música inicia o curso con máis de 400 alumnos
06/10/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Educación, María Corral, visitou a Escola Municipal de Música con motivo do inicio do curso escolar 2014-2015. A Escola comeza o novo ano académico con máis de 400 alumnos e alumnas.
Agustín Hernández puido asistir a un ensaio da Orquestriña, a formación dos máis pequenos (de 8 a 12 anos), dirixida por Mario Diz. Logo, o alcalde e a concelleira visitaron unha das aulas de Música e Movemento, onde as profesoras Rocío Balboa e Pilar López explicaron o traballo de iniciación á música que se realiza co alumnado máis novo.A seguinte visita foi á clase do Coro Infantil, dirixido pola profesora Olaia Novo, para pasar logo por unha das aulas de instrumento, neste caso coa do profesor de gaita e clarinete Pablo Pascual. O percorrido do alcalde rematou coa visita a unha das aulas de 1º de Linguaxe Musical, clase impartida polo profesor Óscar Fernández.