XORNADAS

Clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral

04/10/2014 A concelleira María Antón asistiu ao acto de clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, organizadas pola Confederación ASPACE (Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) e ASPACE Galicia. O acto estivo presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Estas Xornadas reuniron a 400 persoas entre profesionais, familiares, especialistas e directivos de asociacións, para analizar as últimas tendencias e a situación actual da parálise cerebral, unha discapacidade coa que conviven 120.000 persoas en España.

Durante o acto de clausura entregáronse os IV Premios ASPACE Ipsen Pharma, que recoñeceron as mellores iniciativas levadas a cabo en favor da calidade de vida, a igualdade de oportunidades, a defensa dos dereitos e a plena integración do colectivo de persoas con parálise cerebral na sociedade.

Compartir: