CULTURA

Tres novas actuacións en "Feitoamán"

24/08/2006 A antepenúltima xornada de "Feitoamán" trae tres actuacións á Praza do Matadoiro, á Vía Sacra e á Praza de San Martiño Pinario. A partir das 22:30 horas, alí actuarán respectivamente Héctor Lorenzo e Pablo Seoane, Carmen Rey Quinteto e Xacobe Martínez Antelo Quinteto.

Héctor Lorenzo e Pablo Seoane son unha formación de jazz vocal que interpreta temas propios, arranxos de clásicos, música brasileira ou boleros. A súa intención é sacarlle o maior partido expresivo a este pequeno formato: unha voz (Lorenzo) e un piano (Seoane).

Pola súa parte, a proposta de Carmen Rei xira en torno ao funk e o soul, con influenzas do jazz, un estilo ao que se dedicou moitos anos. As súas influencias máis directas son Stevie Wonder, Earh Wind and Fire, Michael Jackson, Erikah Badu, Ráchelle Ferrell, Kurt Elling e as grandes damas do jazz como Élla Fitzgerald ou Sarah Vaughan.

A outra opción da noite é o Xacobe Martínez Antelo Quinteto. O seu é o jazz e traballan sobre composicións orixinais do autor. Garanten unha entrega xenerosa e apaixonada ao jazz, á improvisación e á creación colectiva.

Documentos relacionados



Compartir: