CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

03/10/2014 Comeza o mes de outubro con novas citas do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.

O primeiro baile será este sábado, 4 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, amenizado polo grupo Luzada. O sábado 11 de outubro a cita será no Centro Sociocultural de Santa Marta co grupo Solymar. E o sábado seguinte, 18 de outubro, sesión no Centro Sociocultural do Castiñeiriño co grupo Zeltia. Ambos bailes serán ás 17:30 horas.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo dos espazos.

Direccións relacionadas



Compartir: