DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O servizo de rozas do Concello leva limpados preto de 350 quilómetros de vieiros das parroquias compostelás

28/09/2014 O servizo de rozas do Concello de Santiago leva limpado un total de 348.335 metros lineais (case 348, 5 quilómetros) nos vieiros das parroquias compostelás. Dende o pasado mes de agosto, Este novo servizo é o encargado de realizar a limpeza de marxes e drenaxes de vieiros, de sendeiros fluviais e de parcelas de titularidade municipal.

As rozas iniciáronse no mes de agosto a ata agora completáronse nas seguintes parroquias: Santa Cristina de Fecha (8.660 m.l), San Xoán de Fecha (15.960 m.l), Grixoa (11.930 m.l), Marantes (20.330 m.l), Barciela (9.640 m.l), San Caetano (27.300 m.l), A Peregrina (14.650 m.l), Figueiras (26.050 m.l), Villestro (27.900 m.l), Laraño (17.080 m.l), O Eixo (18.750 m.l), Aríns (45.660 m.l), Lavacolla (43.605 m.l), Nemenzo (23.460 m.l) e Marrozos (37.360 m.l).

As parroquias pendentes das rozas son: Verdía, Busto, Carballal, Cesar, Enfesta e Bando.

Os traballos estanos realizando 5 equipos compostos por un tractor e unha persoa cun equipo manual para roza en rebordes e sinais que acompaña a cada tractor. Fan recollida do material en cunetas e medias canas.

Esta actuación atópase dentro do servizo de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viario, carreiros fluviais e parcelas municipais, adxudicado por un importe de 230.000 euros para os anos 2014 e 2015.

Con este contrato, o Concello dispón dunha empresa dedicada todo o ano a rozar as fincas, camiños e cunetas de todo o concello, encargándose tamén de limpar, recolocar e repoñer sinais ou carteis.

Compartir: