ALCALDÍA

AGADEA celebrou o seu 20º aniversario

26/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos actos de conmemoración do 20º aniversario de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), celebrados no Hotel Monumento San Francisco.

O Concello vén colaborando anualmente con esta entidade social a través cunha subvención destinada a sufragar os custos dun servizo de transporte adaptado, necesario para por en marcha uns talleres de estimulación cognitiva e psicomotriz para enfermos de Alzheimer e outras demencias dexenerativas.

Compartir: