CULTURA

Fermín Romero e Fredy Fevereiro despídense de "Feitoamán"

22/08/2006 O Calexón do Curro da Parra e o pub Borriquita de Belém acollerán, respectivamente, as últimas actuacións de Fermín Romero e Fredy Fevereiro na presente edición de Feitoamán. A cita será, como sempre, ás 22:30 horas.

O cantautor canario Fermín Romero completará así a súa terceira actuación nas rúas compostelás.Con máis de 20 anos de traxectoria, comparte escenario e cartel con artistas como Jorge Drexler, Albert Pla, Pedro Guerra, Javier Ruibal ou Ismael Sérrano. O seu é o rock como concepto, onde o que prima é a forza que desprende cada canción e a participación activa do público como crónica do que a rúa provoca. Cancións moi serias camufladas de ironía, propostas irónicas onde se fala moi en serio.

Pola súa parte, Fredy Fevereiro presenta a súa particular oferta musical tamén por terceira vez. Baixista e cunha boa experiencia, este músico brasileiro declárase amante da bossa nova e coloca a súa alegría e precisión rítmica ao servizo das melodías e harmonías da música brasileira.

Documentos relacionados



Compartir: