CULTURA

Os Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers despídense de "Feitoamán"

21/08/2006 A noite do martes 22 é a última ocasión para asistir ao espectáculo musical dos inclasificables Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers. Actuarán ás 22:30 e, á mesma hora, nova ocasión para gozar da música do cantautor Fermín Romero.

Os primeiros estarán no Vía Sacra. Alí o público atoparase cunha curiosa oferta musical a cargo dos debedores da Orchestra Valdeorras. Admiradores de Los 3 sudamari, contaminados polos mesmísimos Petersellers e reinventores do "kutre luxe", Os Fabulosos Cubatas forman parte da autarquía musical do século XXI. O seu obxectivo é atrapar o retrato máis desenfocado que puidera obterse do panorama musicovocal.

Na Praza de Feixoo estará Fermín Romero.Con máis de 20 anos de traxectoria, comparte escenario e cartel con artistas como Jorge Drexler, Albert Pla, Pedro Guerra, Javier Ruibal ou Ismael Sérrano. O seu é o rock como concepto, onde o que prima é a forza que desprende cada canción e a participación activa do público como crónica do que a rúa provoca. Cancións moi serias camufladas de ironía, propostas irónicas onde se fala moi en serio.

Documentos relacionados



Compartir: