ALCALDÍA

O alcalde avoga pola cooperación co sector hoteleiro como unha das vías para consolidar o crecemento turístico de Santiago

16/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na reunión do Foro de Directores de Hotel de Santiago, que se celebra no Hostal dos Reis Católicos. No encontro avogou por afianzar a colaboración institucional co sector hoteleiro como unha das vías para consolidar o crecemento turístico de Santiago.

Agustín Hernández indicou que eventos como o Foro de Directores de Hotel son instrumentos válidos para avanzar en prol da mellora turística da cidade. Neste sentido, referiuse sobre todo ao incremento dos turistas internacionais rexistrado neste ano 2014, onde o aeroporto duplica o número de destinos internacionais respecto a 2011 e no que se agarda superar os 400.000 viaxeiros internacionais, duplicando tamén a cifra do devandito exercicio. En calquera caso, afirmou non conformarse con estas cifras e apostou pola "coordinación e a cooperación" co sector hoteleiro e con outros sectores para seguir incrementando a dimensión turística de Compostela.

Compartir: