EDUCACIÓN

Publicadas as listas de admitidos e excluídos nos servizos de comedor e de madrugadores

10/09/2014 O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha este mércores, 10 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Na listaxe publicada recóllense todas as solicitudes recibidas dende a apertura dos prazos establecidos ata o día 4 de setembro. As admisións realizáronse por rigoroso orde de entrada no Rexistro Municipal ata cubrir as prazas dispoñibles, establecidas en 950, que é a estimación de comensais do servizo para este curso escolar.

Para solicitar modificacións nos datos que figuran na listaxe, coñecer as causa de exclusión e regularizar a devandita situación, os solicitantes poderán contactar nos teléfonos de atención ás familias: 986 453 040 ou no 902 200 218, habilitados pola empresa Serunion.

Documentos relacionados



Compartir: