CULTURA

Blues e canción de autor en "Feitoamán"

20/08/2006 A noite do luns 21 traerá ao casco antigo os ritmos do blues e da canción de autor. Grazas a "Feitoamán", actuarán en Compostela Blues Vivo Afrocuncas e o cantautor canario Fermín Romero.

Ás 22:30 horas, na Praza do Matadoiro, estará o trío de blues postmoderno Afrocuncas, unha formación que aparece por primeira vez a finais de 1998 cando Elías Cassamo, un veterano batería mozambiqueño, chega a Santiago e coñece a Xulián Freire, cantante de blues local graduado na xa desaparecida escola Cuncas Blues Café. Xuntos forman un dúo baseado no cruce de elementos africanos e cunquianos, cunha guitarra eléctrica, unha batería e un mircrófono como único soporte técnico. A finais de 2003 únese ao dúo David Prieto e adoptan o nome actual.

Á mesma hora actuará na Carrilana Fermín Romero.Con máis de 20 anos de traxectoria, comparte escenario e cartel con artistas como Jorge Drexler, Albert Pla, Pedro Guerra, Javier Ruibal ou Ismael Sérrano. O seu é o rock como concepto, onde o que prima é a forza que desprende cada canción e a participación activa do público como crónica do que a rúa provoca. Cancións moi serias camufladas de ironía, propostas irónicas onde se fala moi en serio.

Documentos relacionados



Compartir: