EDUCACIÓN

A concelleira de Educación asistiu á inauguración do curso nas escolas infantís

04/09/2014 A concelleira de Educación, María José Corral, asistiu na gardería do Polígono do Tambre á inauguración do curso escolar infantil 2014-2015.

María José Corral puido conversar con educadores e pequenos da Escola Infantil do Polígono do Tambre, unha das garderías de Santiago incluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul, da Consellería de Traballo e Benestar. Tamén figuran nesta rede as escolas de Tras Parlamento, San Roque, Vite e A Susana. A estas hai que sumar as xestionadas directamente polo Concello: Conxo, Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

A concelleira aproveitou para recordar que neste centro do Tambre tamén acometeu obras o Concello durante este verán. Realizáronse traballos de reparación de tarima, pintado de aulas ou arranxos de aseos, entre outros. Ademais, lembrou que a curto prazo se cambiará o sistema de climatización.

Compartir: