CULTURA

"Supergalácticos", teatro cómico cos galegos Código Morsa en Verán na Rúa

22/08/2014 Verán na rúa continua enchendo as prazas de Compostela. O luns 25 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, a compañía galega de teatro cómico Código Morsa representará Supergalácticos, un espectáculo de teatro especialmente dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.

Había unha vez, nunha afastada galaxia, un planeta no que vivían uns seres moi semellantes a nós que posuían habilidades extraordinarias. Tras moito tempo permitindo que se incendiasen os montes e construíndo encoros, minas de ouro e centrais nucleares, aquel planeta chegou ao seu límite e estoupou. Dous dos seus habitantes escaparon xusto a tempo nunha nave espacial. Eles son os Supergalácticos e usan os seus superpoderes cómicos para axudarnos a evitar que a Terra sufra o mesmo tráxico destino que o seu planeta.

Compartir: