ALCALDÍA

Agustín Hernández reuniuse coa Asociación de Veciños Monte de Deus (Vite)

18/08/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, celebrou esta mañá unha reunión coa Asociación de Veciños Monte de Deus, de Vite de Abaixo. Hernández pretende manter ao longo das vindeiras semanas unha rolda de contactos cos colectivos e asociacións veciñais de Santiago, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas principais demandas.

Os representantes veciñais explicáronlle ao rexedor municipal as súas principais demandas para a mellora do barrio, en materias como o saneamento, as rozas, as melloras viarias ou o acondicionamento de espazos públicos. Agustín Hernández tomou nota das reivindicacións veciñais para estudalas coas concellerías respectivas e atendelas en función das dispoñibilidades orzamentarias, fixando unha orde de prioridades.

Esta reunión, na que tamén participou o concelleiro de Relacións Veciñais e Medio Rural, José María Rosende, forma parte dunha serie de encontros que o alcalde vai manter nas vindeiras semanas coas diferentes asociacións veciñais da cidade e do rural compostelán. Agustín Hernández ten a intención de manter unha intelocución directa con estas representacións veciñais a fin de coñecer polo miúdo e de primeira man as súas principais demandas para mellorar a calidade de vida dos barrios e parroquias de Santiago.

Compartir: