CULTURA

A compañía galega Kote Malabar presenta "Cikote" en Verán na Rúa

14/08/2014 Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a todo o público, que só se ten que preocupar de coller un bo sitio para ver os espectáculos. Este luns 18, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, tócalle a vez á compañía Galega Kote Malabar.

Kote condensa o seu saber de pallaso neste espectáculo de malabares, clown e final con lume destilado tras moitos anos percorrendo toda Galicia. En Cikote, o público participa activamente de principio a fin e calquera dos asistentes pode rematar sendo a estrela da función.

Compartir: