CULTURA

A compañía británica Chipolatas chega por primeira vez a Compostela

13/08/2014 Chipolatas son tesoureiros dunha mensaxe ligada á tradición que tenta vincular o vello e o novo, mesturando culturas e creando xéneros novos alén do que é tendencia. A compañía británica chega por primeira vez a Santiago, da man do programa Verán na rúa, co seu espectáculo Gentlemen of the road. Será este xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana.

Conquistando os corazóns e superando fronteiras, estes tres músicos e clowns fan gozar ao público con actuacións sempre únicas nas que incorporan habilidades de circo de alta voltaxe, música, teatro e danza.

Compartir: