DEPORTES

Celebrada en San Lázaro unha nova edición solidaria do Trofeo Manolo Martín

06/08/2014 A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu ao XXXI Trofeo Manolo Martín, que disputaron a S.D. Compostela e o Real Madrid C no Estadio Multiúsos de San Lázaro.

Este torneo é unha iniciativa solidaria. O recadado nesta XXXI edición será destinado integramente ás obras de recuperación do Santuario da Nosa Señora da Barca, en Muxía.

O Real Madrid C adxudicouse o Trofeo ao gañar o partido por 0-1.

Compartir: