XUVENTUDE

Dezaseis mozos e mozas participan nunha xornada de deportes de aventura en Carcacía

29/07/2014 Dentro do Programa de Lecer e Aventura Verán Activo 2014, a Concellería de Xuventude organizou este martes unha xornada multiaventura en Carcacía (Padrón). A edil de Xuventude, María José Corral, compartiu a xornada cos 16 participantes, mozos e mozas entre 14 e 30 anos.

Durante todo día, os 16 participantes realizaron diversas actividades de lecer activo, como rafting, tiro con arco, tirolina, mini paintball ou escalada. Tratábase de poñer en contacto ao grupo coa natureza, tratando de vencer os obstáculos presentados por elementos naturais como a auga ou a montaña. Nesas prácticas, a persoa tende a valorar máis o medio ambiente tomando conciencia da importancia da súa protección e conservación.

Entre os obxectivos da xornada estaba a promoción do lecer alternativo, o fomento da práctica deportiva, a adquisición de hábitos saudables e a contribución ao espírito da convivencia e da solidariedade.

Compartir: