FESTAS

Xogos para todos na praza Roxa

27/07/2014 As Festas do Apóstolo incluíron nesta xornada de domingo unha programación especial destinada aos máis pequenos. A concelleira Marta González achegouse ata a praza Roxa para compartir cos rapaces e cos non tan rapaces esta sesión lúdica de xogos populares.

Garabato de Xogos preparou para a ocasión unha serie de pasatempos para todas as idades. Os xogos estaban feitos con materiais reciclados.

Compartir: