EXPOSICIÓN

Inaugurada na Casa da Parra a exposición "Verquidos", de Berta Álvarez Cáccamo

22/07/2014 A concelleira de Educación, María José Corral asistiu á inauguración da exposición Verquidos, de Berta Álvarez Cáccamo. O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.

A exposición, comisariada por Miguel Mont, é unha selección de 60 pezas da obra realizada pola artista viguesa Berta Álvarez Cáccamo nos últimos dez anos, unha etapa na que explorou a relación entre o debuxo e a pintura, entre a dimensión xestual e os distintos tempos e temporalidades de aplicación. Vinte das pezas están realizadas con técnica mixta e acrílicos sobre lenzos e proveñen de coleccións públicas como a Fundación Aena, a Deputación da Coruña ou a Fundación Abanca; mentres que as corenta restantes correspóndese con series de debuxos sobre papel. Para completar Verquidos, a artista levou a cabo unha intervención mural nos espazos da Casa da Parra.

Compartir: