SEGURIDADE E MOBILIDADE

Protección Civil, Bombeiros e Policía Local, cos nenos do campamento de verán do Centro Sociocultural de Nemenzo

18/07/2014 Os voluntarios de Protección Civil, xunto coa Policía Local e os Bombeiros, estiveron no Centro Sociocultural de Nemenzo cos nenos e nenas que participan nas "Mañás de xogo", o campamento de verán organizado polo Departamento de Centro Socioculturais.

Os nenos puideron coñecer os diversos labores que desempeñan os voluntarios de Protección Civil e puideron subir aos seus vehículos, ao igual que aos coches de Policía Local e de Bombeiros.

Limpeza do Camiño
Por outra parte, Protección Civil segue a atender as necesidades dos peregrinos e intentando que os Camiños estean nas mellores condicións. Dende o amencer, os voluntarios auxilian os peregrinos en todo o que precisan. Complementan este labor con traballos diversos, como a limpeza dos sinais indicadores do Camiño. Esta presenza no Camiño estalle servir tamén aos voluntarios para compartir experiencias con xentes chegadas de todos os recunchos do mundo.

Compartir: