ALCALDÍA
O novo paso inferior do periférico de Santiago será realidade nun prazo de 12 meses, logo dun investimento de mais de 7 millóns de euros. O proxecto, que aliviará o tráfico na actual glorieta de Conxo, suporá un avance moi importante na mobilidade desta zona da cidade que utilizan diariamente 35.000 vehículos.
Ampliación dos accesos ao polígono do Tambre
O secretario de Estado de Infraestruturas e número 2 do Ministerio de Fomento, Rafael Catalá, tamén abordou co alcalde de Santiago unha reivindicación histórica dos empresarios do Polígono do Tambre, como é a ampliación dos accesos a este parque empresarial.
Rafael Catalá asegurou que a intención do Ministerio é comezar este mesmo ano a tramitación do proxecto, que contempla a duplicación da calzada na ponte sobre a estrada N-550, co obxectivo de incrementar a súa capacidade e solucionar os atascos habituais neste punto.
Estación Intermodal
En relación coa Estación Intermodal, o alcalde trasladoulle ao secretario de Estado de Infraestruturas a necesidade de acometer o antes posible una planificación realista e con investimentos concretos para levar a cabo este proxecto tan necesario para Santiago.
O alcalde reuniuse co secretario de Estado de Infraestruturas, quen lle anunciou o inicio das obras do túnel de Conxo en outubro
17/07/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo na tarde de onte unha reunión no Pazo de Raxoi co secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, á que tamén asistiron o director xeral de Estradas, Jorge Urrechu, e o xefe de Demarcación de Estradas en Galicia, Ángel González del Río.
O alto cargo do Ministerio de Fomento repasou co rexedor municipal os proxectos inmediatos que o Estado levará a cabo en Santiago en materia de infraestruturas. Catalá confirmou a Hernández que o vindeiro mes de outubro comezarán as obras do túnel de Conxo, que actualmente xa están adxudicadas.O novo paso inferior do periférico de Santiago será realidade nun prazo de 12 meses, logo dun investimento de mais de 7 millóns de euros. O proxecto, que aliviará o tráfico na actual glorieta de Conxo, suporá un avance moi importante na mobilidade desta zona da cidade que utilizan diariamente 35.000 vehículos.