SEGURIDADE E MOBILIDADE

Un camiño solidario para salvar vidas

12/07/2014 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Alejandro Sánchez-Brunete, recibu na praza do Obradoiro un representante de Bombeiros sen Fronteiras, Juan Manuel Arrazola, que realizou un tramo do Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para Nicaragua. O camiñante seguirá agora a súa ruta ata o sur de España.

O proxecto denomínase Camiñando para salvar vidas e pretende percorrer España de Norte a Sur, dende Ferrol ata Punta Umbría, sumando 1.168 quilómetros de cooperación. Coa chegada a Santiago, Juan Manuel Arrazola cubriu os primeiros 120 quilómetros da súa aventura.

Direccións relacionadas



Compartir: