ALCALDÍA

O alcalde recibiu os nenos e nenas saharauís que pasan o verán con familias compostelás

11/07/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello de Raxoi os nenos e nenas saharauís que pasan este verán con familias compostelás no marco do programa Vacacións en paz.

Agustín Hernández indicou que para el era un "privilexio" saudar, na súa primeira recepción como alcalde, estes nenos e nenas saharauís. Agradeceu a "xenerosidade" das familias compostelás de acollida e recalcou o efecto transmisor de valores dunha iniciativa como esta. O alcalde desexoulles aos rapaces unha feliz estanza en Santiago e entregoulles un agasallo de recordo do seu paso polo Concello.

Dende mediados dos anos 90, as asociacións españolas de amigos do pobo saharauí desenvolven o programa Vacacións en paz para que nenos e nenas pasen o verán en España. Esta iniciativa solidaria permite a acollida temporal por familias españolas de rapaces dos campamentos de Tindouf.

Compartir: