FESTAS

Grande aceptación do concerto de Los Planetas con motivo das Festas do Apóstolo

08/07/2014 Santiago será a primeira data en directo de Los Planetas en España este verán. O concerto, un dos previstos para as Festas do Apóstolo, está tendo unha grande aceptación e xa se vendeu o 60% das entradas.

En 2014, Los Planetas cumpren o seu vinte aniversario dende a data a publicación en 1994 do seu primeiro álbum Super 8. Un traballo que cambiou por completo a traxectoria da banda e tamén da escena independente nacional, unido a outros álbums imprescindibles na súa historia como Una semana en el motor de un autobús ou Pop.

Os granadinos ofrecerán o seu primeiro concerto deste verán en Santiago de Compostela, na data máis importante das Festas do Apóstolo: o 25 de xullo. Será ás 21:00 horas na praza da Quintana, un enclave mítico da capital galega. Ata a data, e quedando aínda máis de quince días para o evento, a ocupación do espazo xa supera o 60%. Aqueles que non queiran perderse esta actuación única, que os granadinos compartirán coa banda galega Disco Las Palmeras! terán que darse présa se non queren quedarse sen entradas.

As entradas están á venda ao prezo de 20 euros. Os puntos de venda oficiais online son Ticketmaster eTicketea. Tamén poden adquirirse fisicamente en locais de Compostela como A Reixa Tenda, o Teatro Principal e o Centro Comercial As Cancelas. Existen tamén puntos de venda na Coruña, Vigo e Ourense.

Compartir: